Moving time  en timma 30 minuter

Tid  en timma 37 minuter

Koordinater 1080

Uploaded den 27 december 2018

Recorded december 2018

-
-
358 m
168 m
0
1,5
3,1
6,16 km

Visad 17 gånger, ladda ned 0 gånger

i närheten av Tapia, Galicia (España)

Variante da ruta da auga - Tapia

Provincia da Coruña, Ames

Variante circular para facer en pouco tempo e con pouca preparación previa. Fixémola en inverno pero en verán podería complementarse cunha parada na praia fluvial de Tapia para un baño ou comer.


A ruta decorre entre bosque caducifolio e de Ribeira, por camiños de terra e un pouco de asfalto. Vai seguindo o río ata chegar a uns muíños rehabilitados.
Por veces o camiño non está ben sinalizado como tal, pero vese claramente por onde seguir a ruta, non é moi complicado perderse.

No transcurso da ruta tamén deixamos atrás unha pequena igrexa e un cruceiro onde paga a pena deterse e admiralo.

Para o inicio, aparcamos o coche á beira dunha leira de cultivo, porque non había sitio mellor. Para ter en conta se ides varios coches, non será doado atopar un sitio xeitoso.

Calzado especial: Non imprescindible pero recomendable, non tanto polas condicións do camiño senón porque é doado esvarar.

Post ruta: Moi cerca de Pontemaceira, unha aldea moi bonita e pintoresca.

Kommentarer

    You can or this trail