Tid  4 timmar 41 minuter

Koordinater 796

Uploaded den 21 november 2018

Recorded november 2018

-
-
762 m
600 m
0
1,9
3,9
7,7 km

Visad 415 gånger, ladda ned 21 gånger

i närheten av Manzaneda, Galicia (España)

Manzaneda é un dos concellos galegos con maior interese natural, estando o 96% da súa superficie baixo algún tipo de protección natural e entre estos espazos atópase o Monumento Natural Souto de Rozavales.

O lugar de Rozavales -ou Rozabales, con b, que aquí hai discrepancia- pertence a parroquia de San Martiño de Arriba e o seu souto conta con carballos que din teñen máis de mil anos, sendo a súa alfaia un exemplar cun diámetro no tronco de 13,85 m, que vén sendo o castiñeiro de maior circunferencia de Galicia: o Castiñeiro de Pumbariños, que está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

O noso roteiro parte da praciña que hai a entrada de Manzaneda e sae pola parte baixa do concello para logo ir subindo cara ao souto e volver ao centro, que visitamos con tempo xa que Manzaneda conta cun pasado medieval.

A muralla e a fortaleza son do século XII, aproximadamente. No século XIV os seus propietarios eran os Condes de Lemos. Coa revolta Irmandiña foron derruídas as defensas e reconstruíronse posteriormente pasando no século XVI á xurisdicción dos Condes de Ribadavia, manténdose no seu poder ata a desaparición dos señoríos no século XIX.

Aínda presente non só nos seus vestixios senón na estructura urbana da vila que conserva a disposición característica da súa muralla exterior, cuns 400 m de lonxitude, dos que actualmente consérvanse sobre 100 m, con 10 m de altura nalgún punto. Permanece en bo estado a chamada Porta da Vila e varios contrafortes da muralla. Ademais contaba coa Porta de Abaixo, da que só queda un lateral, e a Porta Falsa que despareceu.

O castelo ou casa-fortaleza conformaba outro recinto fortificado a marxe da liña de muralla e dél quedan algún muro e tres troneiras. Poderemos ver tamén o antigo cárcere do século XVI e a casa señorial Torre dos Barcia.

Asemesmo ao longo do recorrido veremos as casas grandes Casa de Arias e Casa da Pena e o mosteiro e igrexa de San Salvador de orixe románica, do século XII e que ten un campanario-torre defensivo.

View more external

bild

Camiño 1

Camiño entre soutos saíndo de Manzaneda.
bild

Camiño 2

Camiño na paraxe de O Soutiño.
bild

Camiño 3

Camiño preto do centro de Manzaneda.
Building of interest

Carcere

Antigo cárcere do século XVI construido polos condes de Ribadavia.
stuga

Casa da Pena

Pazo en Manzaneda adicado a aloxamento rural.
Building of interest

Casa de Arias

Casa señorial en Manzaneda.
Borg

Castelo

Restos do castelo do século XII, no centro de Manzaneda.
träd

Castiñeiro Pumbariños

Castiñeiro monumental de 13,85 metros de diámetro. Está no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Waypoint

Comezo Rozavales

Punto de inicio do roteiro no centro de Manzaneda.
Sacred architecture

Igrexa San Martiño

Igrexa parroquial de Manzaneda.
Sacred architecture

Mosteiro San Salvador

Mosteiro románico do século XII en Sobrado.
bild

Pasadizo

Pasadizo na rúa do Medio.
Bro

Pasarela

Pasarela de madeira sobre un pequeno rego afluente do río San Lázaro.
bild

Porta da Vila

Porta de entrada ao recinto medieval amurallado de Manzaneda.
Flod

Rego

Pequeno afluente do río San Lázaro.
Flod

Rio S Lazaro

Tributario do río Bibei.
Flod

Rio San Lazaro

Afluente do río Bibei.
bild

Sequeiro

Construción para o secado das castañas.
bild

Sobrado

Lugar no concello de Manzaneda. Conta cun mosteiro do século XII.
träd

Souto

Bosque de castiñeiros.
träd

Souto Rozavales

Bosque de casstiñeiros no lugar de Rozavales, Manzaneda. Declarado Monumento Natural.
Building of interest

Torre dos Barcia

Casa señorial no casco medieval de Manzaneda.
bild

Viñedo

Plantación de viña nas aforas de Manzaneda.

Kommentarer

    You can or this trail