-
-
500 m
238 m
0
3,6
7,2
14,35 km
Visad 1755 gånger, ladda ned 33 gånger
i närheten av Mugares, Galicia (España)
Este sendeiro homologado no concello de Toén consta dun percorrido circular (ruta principal) e logo, a maiores, ten dúas variantes. Unha delas, a Variante 1 (de 3,1 Km) é un atallo preto de Moreiras e a outra, a chamada Variante 2 (de 4,8 Km) é de trazado diametral. De xeito que hai varias posibilidades para facer este PR-G 186. Nós imos simplificar a nosa andaina dividindo o sendeiro en dous aneis e que van ter en común a Variante 2.
Neste anel 1 atoparemos os seguintes puntos de interese:
- A riqueza arquitectónica, especialmente en Moreiras coa súa igrexa de San Pedro, do século XVIII, con fachada barroca e rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada. A citar tamén a Casa do Patín e todo o casco antigo.
- En Mugares é importante a casa reitoral, a igrexa de Santa María do século XVI, un pombal de planta circular, os cabaceiros e máis a súa fonte medieval.
- Zonas boscosas con presenza de sobreiras -das que se aproveita a súa cortiza-, castiñeiros, érbedos, carballos, freixos e piñeiros.
- Formacións graníticas senlleiras, nas que sobrancean a Cova da Cima da Granxa e máis o Penedo Fendido.
- As antigas Adegas de San Vicenzo -hoxe en ruínas- e o Castro de Louredo.

1 comment
You can add a comment or review this trail
jesussimon 2016-dec-01
Para ver o Anel 2, preme este enlace.