Ladda ned

Avstånd

12,45 km

Den sammanlagda höjden

170 m

Svårighetsnivå

Lätt

Max elevation

481 m

Trailrank

49

Min elevation

355 m

Trail type

Loop

Tid

3 timmar 15 minuter

Koordinater

2192

Uploaded

20 juni 2021

Recorded

juni 2021
Be the first to clap
Share
-
-
481 m
355 m
12,45 km

Visad 23 gånger, ladda ned 0 gånger

i närheten av Boimorto, Galicia (España)

Ruta circular, ben sinalizada con letreiros (non se ve sinalización homologada). Porén foi feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-circular-saudable-a-ruta-dos-pazos-vilamarin-ourense-74361466, xa que nalgún punto non se pode seguir a sinalizada, segundo comentarei.
Comeza a carón do Pazo de Vilamarín, con faciana de castelo medieval. Máis datos no waypoint.
Descorre, mormente, por carballeiras e atravesa varias aldeas aínda bastante conservadas e que amosan fermosas casas de moi boa construción. Sobrancean outros pazos, ademais do xa citado: Tamallancos e O Rego (sobreira) son dous soberbios conxuntos arquitectónicos no medio de senllas extensións de terreo. Mágoa que o de Sobreira, especialmente, se ve descoidado...
Pódense ver moitos cabaceiros ou canastros, un peto de ánimas (descoidado tamén), capelas... e a ponte medieval de Sobreira (máis información no comentario do waypoint).
O percorrido faise por camiños e estradas. Esta é unha pega, aínda que pode ser beneficioso en días de choiva, por exemplo. Está limpo non sendo a partir da ponte de Sobreira, onde hai que volver atrás e ir por estrada porque o carroucho a carón do río está intransitable... Unha parte do itinerario coincide co Camiño de Santiago. No percorrido atópanse varias fontes, aparentemente de auga sen tratar. En Tamallancos (polo menos) hai locais de restauración
É unha ruta bastante chaira e sen especial dificultade para camiñeiros habituais.
Borg

Inicio. Pazo

Edificado sobre terreos do mosteiro de Oseira, as súas orixes non están claras. Non está claro se pertenceu ao conde de Ribadavia e a finais do século XVII, xa formando parte da propiedade do conde de Maceda, foi obxecto de profundas reformas que lle conferiron o actual aspecto de pazo fortificado con solucións arquitectónicas barrocas. Durante o século XIX pasou por varios donos ata que no ano 1976 o último propietario llo vendeu a actual propietaria, a Deputación Provincial de Ourense. Na actualidade funciona como sala de exposicións albergando ao mesmo tempo unha exposición permanente da obra de Xaime Quessada. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1977.
Korsning

Esquerda. Indicación da ruta.

Esquerda
Monument

Aldea O Souto

Aldea
Monument

Pazo. Tamallancos

Parece ser que propiedade dos condes de Taboada e antes dun convento de Compostela...
Monument

Pazos e casonas. Tamallancos.

Unha aldea bastante ben amañada, conserva casonas e casas populares de boa factura.
Flora

Campo da festa

Campo da festa
Religiösa platser

Capela

Capela
Risk

Estrada N525

Cruce sen paso de peóns sinalizado.
Fontän

Lavadoiro e fonte. Bouzas

Lavadoiro e fonte
Arkeologisk lokal

Eira de mallar e cabaceiros.

Monument

Peto de ánimas

Peto de ánimas
Korsning

Derivación a ponte

Derivación a ponte
Bro

Ponte de Sobreira

Séculos XIII ou XIV, sobre o Barbantiño. Nela está sinalada a marcaxe entre as xurisdicións do Conde de Ribadavia e o Mosteiro de Oseira.
Monument

Pazo do Rego ou de Sobreira.

No lugar do Rego está o Pazo de Sobreira ou do Rego, do século XVIII, que ocupa illado o centro dunha grande extensión. O escudo presenta os brasóns de Enríquez, Mosquera e outros. A capela estivo dedicada a San Xosé.
Monument

Borulfe

Borulfe
Korsning

Dereita

Dereita
Arkeologisk lokal

Cruceiro?

Semella o reaproveitamento de pezas de distinta orixe.

Kommentarer

    You can or this trail