Tid  en timma 34 minuter

Koordinater 3361

Uploaded den 13 september 2011

Recorded september 2011

-
-
246 m
15 m
0
2,1
4,3
8,57 km

Visad 4772 gånger, ladda ned 77 gånger

i närheten av Porto do Son, Galicia (España)

Iníciase no parque infantil de Porto do Son, diante da praia. Dirixímonos pola estrada AC-550 dirección Ribeira, para inmediatamente coller á esquerda e ascender polas Laxieles ata o depósito de auga do concello, xusto na curva anterior deixaremos uns metros o camiño á esquerda para visitar o primeiro petroglifo DAS LAXIELES. Continuamos ascendendo pola pista e mais adiante atoparemos un valado que pecha o camiño, pechámolo unha vez pasemos e continuamos polo camiño principal.Mais adiante e xusto enfronte dun abrevadoiro para os cabalos, por debaixo do valado sae un sendeiro que leva a unha gran pedra aillada. Na súa cara sur atópase o petroglifo de POZOS DA GARDA(42º43´11´´N-09º00´04´´O). De volta ao camiño continuaremos ata chegar mais adiante a un desvío que ascende fortementre á esquerda do camiño, antes de chegar ao punto mais alto veremos á dereita un grupo de pedras que destacan do seu entorno; unha moi destacada con forma de ovo, subidos a ela e con rumbo 210º(a esquerda mirando hacia o mar) e a uns quince metros de distancia atópase a pedra e na súa superficie o petroglifo DO MONTE DORDO(42º43´02´´N-09º00´03´´O). Desandamos o camiño e volvemos á pista principal continuandoa ata chegar a estrada asfaltada de Ribasieira, collemos á dereita e descendemos ata chegar perto do campo de fútbol de Porto do Son, un pouco antes de chegar colleremos un sendeiro que ascende á esquerda e camiñamos uns corenta metros, atopando unha grande laxe de pedra húmida e esvaradiza onde atopamos o petroglifo DA RASTRA(42º42´32´´N-09º00´17´´O), difícil de distinguir pola erosión. Desandamos o camiño e volvendo ao asfalto tomamos o sendeiro que sae á dereita por detrás do campo de fútbol e ascende ata Baroña. No punto máis alto e unha vez de novo na estrada asfaltada, deixamos a mesma a esquerda no punto onde o tendido eléctrico a cruza, seuindo o sendeiro ata atopar unha grande laxe de pedra horizontal no mesmo camiño, desde este punto onde podemos atopar petroglifos históricos(cruciformes)miramos hacia a ladeira do monte ata distinguir a media ladeira unha laxe oscura e ascendemos hacia ela para observar o espectacular conxunto rupestre do MONTE DA GURITA(42º42´04´´N-09º00´47´´O). Facemos o descenso con precaución e volvemos a cruzar a estrada e desandando uns metros abandonámola á esquerda para baixar pola pista de terra ata o depósito de auga, situados no mesmo, trinta metros ó Norte, nas pedras da base da gran rocha vertical, atopamos na parede vertical o cérvido de OUTEIRO DA PEDRA BICUDA(42º42´14´´N-09º00´58´´O). Desde aquí volvemos ao depósito e continuamos baixando pola pista ata chegar á estrada asfaltada e a Abuín onde podemos coller o coche que previamente deixaremos para regresar pola estrada a Porto do Son.

Kommentarer

    You can or this trail