• Bild av Ruta Cachopal-Lardeiros-Aiazo
  • Bild av Fragas de Tambre
  • Bild av Os Pasos de Aiazo (Praia fluvial)
  • Bild av Os Pasos de Aiazo (Praia fluvial)
  • Bild av Os Pasos de Aiazo (Praia fluvial)
  • Bild av Os Pasos de Aiazo (Praia fluvial)

Koordinater 139

Uploaded den 26 augusti 2011

-
-
331 m
252 m
0
1,6
3,2
6,33 km

Visad 2895 gånger, ladda ned 6 gånger

i närheten av Calvente, Galicia (España)

Esta ruta de sendeirismo (non sinalizada) é moi sinxela de seguir empregando un croquis ou un mapa da zona. Combina aldeas con bosques e fragas, así como pequenas pendentes con tramos cháns. Parte do núcleo de O Cachopal (Oroso), a 20 minutos de Santiago, e pasa así polas parroquias de Calvente e Os Ánxeles (Oroso), Lardeiros (O Pino), onde inclúe unha espectacular fraga -a cal pode ser explorada con maior detemento, xa que non é demasiado extensa e non supón un perigo perderse nela-, e remata na fermosa área fluvial de Os Pasos de Aiazo (Frades), un lugar perfecto para xantar ao ar libre e bañarse despois de ter feito a ruta. Recoméndase facela pola mañá, sen chuvia e en compañía.
parkering

O Cachopal

O núcleo do Cachopal conta cunha parrillada e unha farmacia de garda
träd

Área recreativa Cachopal

Pequena área de recreo, xantar e baño no Cachopal
bild

Igrexa de San Mamede dos Ánxeles

bild

Aldea de Cas

pequena aldea rural orosina.
bild

A Ponte Cas (Río Tambre)

Ponte sobre o río Tambre, que divide as comarcas de Ordes e Arzúa (nos concellos de Oroso e O Pino).
Waypoint

Lugar Pulleira

Waypoint

Aldea de Tambre

träd

Fragas de Tambre

Espectacular fraga, chea de corredoiras e camiños laberínticos, de pequena extensión que se sitúa entre as parroquias de Pastor e Lardeiros (O Pino), desde o Pico de Barcia até as beiras do Tambre no límite de O Pino con Frades. Destaca unha pequena fervenza no rego de Barcia.
träd

Os Pasos de Aiazo (Praia fluvial)

Gran área recreativa fluvial con múltiples servizos: Bar, mesas (individuais e con grella), lavabos, zona habilitada para o baño (infantil e adulto), parking gratuíto, zona de paseo, campo de fútbol, pista polideportiva, parque infantil, etc.

Kommentarer

    You can or this trail