Tid  en timma 22 minuter

Koordinater 819

Uploaded den 16 oktober 2016

Recorded oktober 2016

-
-
47 m
-4 m
0
2,1
4,3
8,55 km

Visad 1822 gånger, ladda ned 35 gånger

i närheten av A Guarda, Galicia (España)

As cetárias son unhas construcións feitas a beira do mar coa finalidade de manter vivos peixes ou crustáceos para a súa venda, diferenciándose dos viveiros en que estos ubícanse en terra firme con auga bombeada desde a mar.

Ao longo do século XIX construíronse varias cetárias no litoral guardés e con acceso só durante a baixamar e nas que conservaban vivos bois de mar, nécoras, centolas, camaróns e sobre todo lumbrigantes e lagostas. A partir dos anos setenta do pasado século terminan por abandonarse e faise o traslado definitivo aos viveiros.

En Galicia a técnica de pesca de marisco mediante nasas foi importada de Francia, sendo o mariño mercante D. Francisco Zaragoza Segarra o primeiro en conservalo nas cetárias da zona d´A Guarda hacia finais do século XIX. Os seus herdeiros pasan logo a competir neste negocio co médico e industrial D. José Sobrino Árias, o dono das cetárias A Redonda e Altiña, na zona de Laxe de Can, e que son as que nós imos ver na nosa andaina.

A cetária A Redonda -tamén chamada Laxe de Can- foi construída a finais do século XIX sobre rocha, tendo unha superficie de 536 metros cuadrados, mentras que a de Altiña construiuse en 1902 e mantuvo a súa actividade ata 1977, sendo a de máis difícil acceso, só con marea moi baixa.

O noso percorrido partirá do peirao d´A Guarda para seguir cara a Atalaia -Museo do Mar- Areal de Fedorento, praia de Area Grande, Camiño de Santiago pola Costa, cetárias d´A Redonda e Altiña, e regreso de novo ao porto podendo ver dous antigos muíños de vento.

View more external

Población no sur de Galicia, lindando con Portugal.
Área recreativa no Areal de Fedorento.
Praia n´A Guarda.
Recinto fortificado no peirao d´A Guarda.
Camiño xacobeo pola costa.
Camiño xacobeo pola costa.
Antiga cetária de marisco no concello d´A Garda.
Antiga cetária no concello d´A Garda.
Punto de inicio do noso roteiro no peirao d´A Garda.
Lavadoiro no Areal de Fedorento.
Muíño de vento en ruínas.
Antigo muíño de vento en ruínas.
Paseo polo peirao d´A Garda.
Praia no concello d´A Garda.

1 comment

  • Bild av jesussimon

    jesussimon 2016-okt-16

    O roteiro pódese facer sen GPS, só hai que seguir polo litoral adiante.

You can or this trail