Tid  8 timmar 48 minuter

Koordinater 3285

Uploaded den 18 september 2016

Recorded september 2016

-
-
913 m
589 m
0
5,9
12
23,46 km

Visad 590 gånger, ladda ned 15 gånger

i närheten av A Madalena, Galicia (España)

Roteiro circular con inicio e chegada en Sanguiñedo, pasando por Soutelo para xantar no restaurante Milenium.
Transcorre pola serra de Candán nos concellos de Forcarei e un anaco pequeno no de Lalín.
O primeiro que nos atopamos despois dunha pequena subida son as Neveiras de Fixó,en mal estado de coservación, aínda que segundo as noticias, firmouse no pasado mes de agosto un acordo entre Turismo de Galicia e o Concello de Forcarei para a súa recuperación. Continuamos por un carreiro que nos levará polo medio do monte ata o miradoiro de Grobas. O anaco final de este carreiro ata o miradoiro está difícil de facer debido as pendentes e pedras que temos que sortear.
No miradoiro desfrutamos das impresionantes vistas das moles montañosas que conforman a Serra do Candán.
Do miradoiro ata a aldea de Grobas, iniciamos unha longa baixada non exenta de perigo un anaco pequeno ao principìo, para continuar por unha extensa e preciosa carballeira ata chegar á aldea.
Agora toca subir outra vez polo medio do monte por un estreito carreiro.
Unha longa subida moi pronunciada e bastante complicada polos obstáculos que atopamos ata chegar preto do lugar de Ameixedo. Seguimos subindo ata o miradoiro do Alto de Coco no concello de Lalín.
Agora sempre cara abaixo ata a vila de Soutelo de Montes, onde se atopa o monumento ao querido gaiteiro Avelino Cachafeiro na praza que leva o seu nome.
Xantamos no restaurante Milenium. Pola tarde percorremos os poucos quilómetros que nos faltan ata chegar ao inicio de esta impresionante ruta.

Noticia da Voz de Galicia do 29 xaneiro 2016.:

Fai case medio século que non vive unha alma en Grobas (Forcarei). No pasado a extracción de estaño e a venda de carbón de carballo fixeron de Grobas unha aldea próspera. Pero a luz e o asfalto nunca chegaron e a vida foise apagando nun pobo perdido en metade da Serra do Candán. A civilización estaba a cinco quilómetros monte arriba. E cinco quilómetros son demasiados para ir a diario á escola ou para levar a un morto ao cemiterio. En 1969 foise a última familia e a aldea quedou abandonada oficialmente.

Con todo, en pleno século XXI, a aldea volveu á vida. Paradoxalmente, a ausencia de vías de comunicación que condenou á morte a Grobas solucionouse coa construción do parque eólico do Candán. A pista que conduce ao último aeroxerador deixa ao explorador a tiro de pedra da aldea. O camiño restante é empinado, pero o esforzo vale a pena.

Por iso agora senderistas e amantes da natureza peregrinan alí buscando a paz absoluta da que outros fuxiron. Cando chegan, moitos se sorprenden ao ver unha bandeira amarela que destaca entre a paisaxe virxe do val. Sinala un refuxio que algún filántropo encárgase de equipar para que quen chega a Grobas teñan sempre un fogar onde acubillarse.

Mistos, aceite e outros produtos básicos. O inmoble é precario, pero para quen non necesite luxos está listo para entrar a vivir. Nas alacenas poden atoparse cuncas, pratos, potas e cubertos. Tamén produtos básicos. Hai mistos, sal, aceite e vinagre e ata cacao. Quen dispuxese todo sabe o que fai falta para sobrevivir nunha casa.

Un refuxio con bandeira amarela. A aldea abandonada de Grobas está perdida na Serra do Candán. Escóndese nun val fértil protexido polo alto de San Bieito e o Monte Coco. Desde 1969 é unha aldea pantasma, pero unha bandeira amarela conduce ao visitante curioso a un refuxio que alguén se ocupa de manter no medio da nada.

Mobiliario sinxelo pero práctico. No interior da cabana -aberta sempre ao forasteiro- hai varias mesas e bancos construídos con rústicos taboleiros de madeira. Non son mobles de deseño, pero son unha boa alternativa para descansar ou tomar un tentempié.

Ver, leña e grella para cociñar. O refuxio non ten luz, pero a cambio ofrece ver para iluminar a estancia e leña para facer lume. Por se alguén leva comida ou é capaz de cazar algo na serra, tamén hai unha grella e ata trinchadores de carne.
Oito normas que cumprir. A cambio do aloxamento gratuíto, só pídese un pouco de civismo: fregar a louza, levar o lixo, pechar a porta ao marchar ou non roubar nada.
Waypoint

aldea de Grobas

Waypoint

aldea de Grobas 2

Waypoint

aldea da Grobas1

Waypoint

Camiño de Grobas

Waypoint

carreiro de subida na ruta

Waypoint

Fin de subida complicada

Waypoint

Grobas (aldea abandoada)

Waypoint

Inicio baixada perigosa

Waypoint

INICIO Sanguñedo

N42.54107° W8.29490°
Waypoint

Inicio tramo dificil

Waypoint

Inicio tramo subida moi complicada

Waypoint

miradoiro de Grobas

Waypoint

Miradoiro de Grobas

Waypoint

Miradoiro Monte Coco

Waypoint

muíño ruinas nas Grobas

Waypoint

Mámoa (abandoada)

Waypoint

Neveira de Fixó

Waypoint

neveira Fixó

Waypoint

Neveiras medievais de Fixó

Waypoint

Paisaxe fluvial

Waypoint

panel informativo

Waypoint

panel informativo neveiras

Waypoint

Panel inicio Roteiro de Grobas

Waypoint

panel no miradoiro

Waypoint

poza de auga na aldea da Grobas

Waypoint

Poza rio Grobas

Waypoint

Rego das Grobas

Waypoint

RTE. MILENIUM

N42.53648° W8.30274°
Waypoint

Sendeiro de descenso a Grobas

Waypoint

Serra do Candán

Waypoint

Serra do Candán1

Waypoint

Serra do Candán2

Waypoint

Telleiras de Vilariño y Vista de Soutelo de Montes

Waypoint

vista panorámica Soutelo ao fondo

Kommentarer

    You can or this trail