Tid  5 timmar 23 minuter

Koordinater 2169

Uploaded den 31 oktober 2017

Recorded oktober 2017

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
191 m
3 m
0
4,0
8,0
16,01 km

Visad 560 gånger, ladda ned 26 gånger

i närheten av Nemiña, Galicia (España)

O Cabo Touriñán ten a honra de ser testemuña do último raio de sol da Europa continental por dúas veces ao ano, a primeira vai desde o equinoccio de primavera -20 ou 21 de marzo- ata o 25 de abril e na segunda ocasión desde o 13 de agosto ata o 22 de setembro, e esto ocorre aíndo non sendo o punto máis occidental europeo. Esta "rareza" é debida a variación do eixo de xiro terrestre ao longo do ano que fai cambear a súa posición relativa respecto ao sol.

Hai a crenza trabucada que Fisterra é o extremo máis occidental da Península, punto que está no Cabo de Roca, en Portugal, seguido de Touriñán. Mesmo o Cabo de Nave, preto de Fisterra, está situado máis ao occidente da lendaria Finis Terrae.

Nesta punta de Touriñán, cuns dous quilómetros internándose na mar, érgueuse no ano 1898 un faro, que foi mellorado en 1918, para orientar aos mariñeiros por esta perigosa Costa da Morte. No ano 1981 toma o relevo a luz do novo faro anexo, situado nunha torre de 11 metros de altura.

O noso roteiro, circular, pódese escomenzar na longa praia de fina area branca de Nemiña -moi coñecida polos amantes do surf- e de aquí, cara ao interior, pasaremos polas aldeas de Vilela -cunha Casa Grande-, Queiroso e Touriñán. Xa en Touriñán, o percorrido vén cadrando case todo coa Ruta dos Faros, indo pola beira de cantís, o Cabo Touriñán, por fronte o illa do Castelo ou Herboso e retorna de novo a praia de Nemiña.

View more external

bild

Cabo Touriñan

Punta máis occidental da España peninsular.
bild

Camiño

Camiño desde Vilela a praia de Nemiña.
bild

Cantis

Cantís na costa de Touriñán, Muxía.
Building of interest

Casa Grande

Casa grande no lugar de Vilela.
Waypoint

Comezo Touriñan

Punto de inicio da ruta na praia de Nemiña.
bild

Eira

Eira de malla en Queiroso.
bild

Faro Touriñan

Faro no cabo de Touriñán, no concello de Muxía.
vatten

Fonte

Fonte de auga potable en Touriñán.
bild

Muiño

Muíño hidráulico en Vilela.
träd

Piñeiral

Bosque de piñeiros entre Vilela e Queiroso.
Strand

Praia Nemiña

Praia de fina area, con más de un quilómetro de lonxitude.
bild

Queiroso

Aldea no concello de Muxía.
bild

Talon

Lugar no concello de Muxía.
bild

Touriñan

Parroquia do concello de Muxía.
bild

Vilela

Lugar na praia de Nemiña.
utsikt

Vistas illa do Castelo

Vistas a illa do Castelo ou Herboso.

1 comment

  • Miguel Barreiro 2019-apr-20

    I have followed this trail  verifierade  View more

    Grazas, jesussimon. Bonita ruta circular. É fácil, con poucas pendentes. Para alén do faro e o cabo Touriñán, poderedes ver varias aldeas con uns hórreos espléndidos e aínda en uso, regatos que van dar en salseiros (un deles cunha especie de pontón ou fonte preciosa pero que costa achar) e prados que chegan até o mar. A única chata podería ser o tramo entre eucaliptos, pero é necesario para que sexa circular.

    Tendo moito coidado de que non se vos faga noite, merece a pena percorrer o tramo orientado a oeste cando xa está baixando o sol e chegar a Nemiña á tardiña. Fixen a ruta nun día solleiro de abril e a luz era preciosa. Mais non fagades isto en inverno.

You can or this trail