-
-
895 m
535 m
0
1,8
3,6
7,16 km
Visad 2039 gånger, ladda ned 28 gånger
i närheten av Rubiana, Galicia (España)
Iniciamos a ruta xunto ao Colexio Público de Rubiá en dirección á canteira, enseguida sae unha pista onde hai un panel explicativo da ruta que está perfectamente marcada, cos puntos de interese sinalizados, pasais de madeira sobre os regueiros e (incrible pero certo!) unha papeleria cada medio quilómetro. O que non fala nada ben dos que deseñaron, encargaron e pagaron este roteiro, quen vai recoller o lixo polas vereas do monte?. Polo demais é unha ruta estupenda que transcorre polos caborcos dos regueiros de Valdaoliva, O Nacideiro e Os Castros que van conformar o río Cigüeño que desemboca no Sil no centro do Barco, pasa polos prados da Nivieira (fonte) e ascende ao Alto de Cales desde onde temos unha magníficas vistas de Rubiá e O Barco. Na baixada imos sorprendernos cun tramo de impresionantes rodadas de carro antes de chegar de novo a Rubiá.
1 comment
You can add a comment or review this trail
Sendas y Collados 2019-jun-16
I have followed this trail View more
Information
Easy to follow
Scenery
Lätt
Corta pero bella y variada ruta que nos recuerda lo afortunados que somos de poder disfrutar de este entorno tan maravilloso del que estamos rodeados, gracias por compartir.