Tid  8 timmar 28 minuter

Koordinater 3343

Uploaded den 30 november 2018

Recorded november 2018

-
-
401 m
40 m
0
5,6
11
22,42 km

Visad 180 gånger, ladda ned 8 gånger

i närheten av Coruxo, Galicia (España)

Iniciamos esta fermosa ruta en Fragoselo, no aparcadoiro existente no recinto que rodea a capela de San Sebastián.
Seguimos monte arriba por pistas forestais, observando como despois dos incendios do verán do 2017, os árbores empezan a dar sinais de vida outra vez, principalmente os eucaliptos. Pasamos pola fraga de Rodas, sen poder entrar onde figura un panel no inicio. Intentamos seguir pero está totalmente pechado o carreiro e se seguimos témolo que facer monte a través, preferimos continuar pola pista por onde viñamos.

O seguinte que nos atopamos e San Xosé de Chandebrito. Ao pé do seu Castro atópase o Bosque da Memoria, creado en recordo dos terribles incendios que arrasaron Galicia no 2017.

Cruzamos o pobo por diante da súa igrexa, paramos para ver os petróglifos da Chan do Rapadouro e continuamos a nosa andaina polas pistas forestais que nos levan ao alto da Bandeira, dende onde podemos observas unhas bonitas vistas panorámicas da Ría de Vigo, Illas Cies, Cabo Home e moitas máis.

O seguinte co que nos atopamos é o Parque Forestal de Saiáns, cruzámolo e continuamos ata o alto da Medoña. Está perfectamente sinalizado para percorrelo, observar as vistas dende o alto, os muíños, o castro, todo ben informado con paneis ao longo do percorrido.

Un pouco máis adiante desviámonos da ruta para xantar na Parrillada Asador O Cruceiro en San Miguel de Oia. Pola tarde, facemos o resto do percorrido pola Fraga de Gontade cos seus muíños, ata o inicio en Fragoselo.

Os dous quilómetros que temos ata o asador son por asfalto, algún que outro tramo tamén, non moito. O resto son pistas forestais, camiños e carreiros.

O tempo en movemento foi de 5 horas 56 minutos. A media, 3,8 quilómetros hora.
Waypoint

Alto Da Bandeira

Waypoint

Alto da Medoña

Waypoint

Alto do Castro en Chandebrito

É sen dúbida, un dos castros que conserva aínda na actualidade, mellor a súa configuración primitiva, estando nunha situación xeográfica tan estratéxica, que é visible desde numerosos lugares dos vales Fragoso e Miñor. Áchase localizado este xacemento castrexo na parroquia de San Xosé de Chandebrito, no termo municipal de Nigrán, nunha altura coñecida como "O Castro", situada aos pés do pobo que lle dá nome. A súa altitude é de 376 m. sobre o nivel do mar, o que lle confire un tipo de emprazamento de montaña que poucos castros da zona posúeno, pois a maioría deles tanto do val Fragoso como do Miñor non pasan o 250 m. de altitude.
Waypoint

Bosque da Memoria en Chandebrito

Nace en Chandebrito o Bosque da Memoria, para non esquecer a traxedia e traballar no futuro. Información no xornaldevigo.gal do 8 de agosto do 2018
Waypoint

Capela en Fragoselo

Waypoint

Carreiro pola sombra

Waypoint

Carteis no Bosque da Memoria en Chandebrito

Waypoint

Chandebrito

San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o IGE, no 2015 tiña 495 habitantes (249 mulleres e 246 homes), distribuídos en catro entidades de poboación. É a menos poboada do concello e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor por detrás de Couso (Gondomar). É rural e interior, e limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo)
Waypoint

Cruceiro no Castro

Waypoint

Foca de pedra no medio do monte

Waypoint

Fraga Cal de Outeiro

Waypoint

Fraga e muíños de Gontade

Waypoint

Fraga de Rodas

Waypoint

Igrexa de San Xoxé de Chandebrito

Waypoint

Igrexa San Miguel de Oia-Vigo

A análise estilístico dalgúns elementos da igrexa de San Miguel de Oia parecen situala no marco do barroco do século XVIII. Esta igrexa é un exemplo do modelo tradicional do rural galego. É de planta lonxitudinal sinxela, cunha soa nave cuberta a dúas augas. A fachada recolle a figura do santo nunha pequena hornacina e a característica espadana no remate.
Waypoint

INICIO en Fragoselo

N42.18008° W8.76639°
Waypoint

miradoiro

Waypoint

muíños hidráulicos

Waypoint

muíños naviculares

Waypoint

Panel Alto da Medoña

Waypoint

parque forestal Saiáns

Buscas un lugar para descansar e reencontrarche coa natureza? Colle a liña 26 do bus urbano e vén a perderche non parque forestal de Saiáns, na costa sur de Vigo, xunto a unha fermosa praia natural e un conxunto etnográfico moi representativo de Vigo: ou Castro de Estea, dentro do propio parque, aos que se chega a través dun sendeiro fácil e moi ben sinalizado, nos que se atoparon restos arqueolóxicos mesmo dá Idade do Bronce.Ubicación: Saiáns Superficie: 23.500m2 Servizos: fonte, miradoiro, teléfono, bar, restaurante, mesas, barbacoas e autobús Acceso:Estrada de Pontevedra - Camposancos - Camiño de Outeiro - Pista Forestal Estrada de Baiona (PO-552), fronte ao cruzamento de Canido, Camiño da Estomada Liñas de autobús urbano: 26
Provisioning

Parrillada Asador O Cruceiro

N42.18254° W8.80192°
Waypoint

Petróglifo da Chan do Rapadouro

Waypoint

Sendeiro local

Waypoint

Vistas fotográficas

Waypoint

Vistas panorámicas

Waypoint

Árbores queimados na zona de Chandebrito

Waypoint

Área lecer en Chandebrito

Kommentarer

    You can or this trail