-
-
481 m
259 m
0
2,7
5,5
10,92 km
Visad 5165 gånger, ladda ned 134 gånger
i närheten av Gargamala, Galicia (España)
Poñémonos a nosa mochila no adro da igrexa parroquial de Santa María de Gargamala (Mondariz), que foi construida no ano 1.752 polos Condes de Gondomar, con seu escudo de armas no testeiro da capela maior.
Esta ruta vai coincidir en algúns treitos co sendeiro dos Muiños de Gargamala, que se encontra en estado de abandono e con mala sinalización. Nos faremos un percorrido alternativo.
Despois de deixar atrás a igrexa de Gargamala, collemos cara a esquerda e por corredoiras chegamos a Mourelle. Alí seguimos un vía crucis que ven dunha ermita na parte alta da aldea e chegaremos ao lugar de A Rúa, onde comezamos a subir hacia o monte.
Xa no alto atopámonos coas Mámoas do Monte Mourelle. Unha mámoa é un monumento funerario que data do Neolítico e que consta dun túmulo de terra e pedras e un dolmen ou anta no seu interior, onde está o sepulcro para efectuar o enterramento.
Alcanzamos unha pradería chaira e dirixímonos ao Foxo de Gargamala, onde capturaban os lobos que ao espantalos dirixiannos ao burato onde caían e matábannos.
A seguinte etapa, xa baixando, son os Petróglifos de Gargamala. Son da Idade de Bronce e teñen unha tipoloxía variada: circulares, concéntricos, ferratiformes, reticulados, ballestas, zoomorfos, formas humanas e coviñas.
Logo, imos a Barral e desde aquí, por o mesmo camiño da ida, volvemos a igrexa de Gargamala.

You can add a comment or review this trail
Kommentarer