Var den första som applåderar
Visad 13 gånger, laddats ned 0 gånger
i närheten av Cardaño de Arriba, Castilla y León (España)
A terceira foi a vencida. Despois de dous intentos fallidos por causas diferentes pudemos materializar o cumio por excelencia, (non o mais alto) da fantastica montaña palentina.
O Espiguete cos seus 2450 metros, e unha cima que ningun montañeiro debería perder.
Saimos dende o aparcadoiro que atopamos na sua base. Nada mais sair desviamonos a man esquerda, deixando o camiño que nos levaria a subida da cara norte que tamen é a senda da Fervenza do Mazobre, nome que leva tamen o macizo montañoso que estamos subindo.
O desnivel baixe salvando dende o comenzo, gañando metros en moi pouco tempo. En menos de dous km xa collemos a arista este, arista moi exposta a nosa man esquerda, facendo constantes trepadas dende o comenzo ata a cima, un autentico placer para os cabuxas que andamos soltos.
As tres horas de subida chegamos a primeira cima, que ainda non é a cima Espiguete, pero dende onde visualizaremos o punto xeodesico da cima final.
Dende a cima temos Picos de Europa o norte, o pico Curavacas o noreste, Velilla Rio Carrion o sur, e Riaño,co Gilbo, macizo das Ubiñas e as Tres Marias o oeste.
Voltando 200 metros sobre os nosos pasos collemos a baixada pola cara norte, onde hai un gran fito marcando o cruce de ambos sendeiros.
A baixada pola cara norte e larga e con moita pendente, algo perigosa e hai que baixala con moito xeito e sempre ir pegados os laterais onde as pedras son maiores e imos ter mais seguridade.
Valoramos a dificultade como Moderado, ainda que perfectamente podería ser dificil. Nom e unha ruta para todo o mundo pero si é unha ruta para facer todo aquel que teña un bon estado fisico e teña experiencia pois é unha montaña, marabillosa.
Kommentarer