• Bild av CABANAS DE ALZADA DE NAVIA DE SUARNA

Tid  7 timmar 56 minuter

Koordinater 2453

Uploaded den 2 maj 2017

Recorded april 2017

-
-
1 213 m
611 m
0
5,4
11
21,58 km

Visad 405 gånger, ladda ned 8 gånger

i närheten av Coro, Galicia (España)

RUTA DAS CABANAS DE ALZADA - NAVIA DE SUARNA

Quen nos ía dicir que ata hai uns 50 anos moitos dos habitantes das aldeas de Navia adoitaban pasar o verán nunhas agrupacións de cabanas no medio das montañas, coidando e recollendo os cereais, principalmente trigo e centeo que, nesa época de fame e subsistencia, se cultivaban nos tesos e valgadas montesíos. A naviegos entrados en anos lembran esas estadías como as vacacións daquela época e nos recordan a diferenza coas brañas, xa que estas tiñan como finalidade o coidado do gando, estando situadas decote a maior altitude.

Algunhas dos casarellos situadas a menos altitude convertéronse co tempo en asentamentos fixos como a que é a xoia da coroa, a rechamante e encantadora Coruxedo, aínda que hoxe en día está de novo abandonada, o que lle dá unha aureola de misterio.

A ruta vai percorrer case todas as cabanas de alzada do concello de Navia de Suarna, elixindo para comezar a andaina unha ben feituca aldea, se cadra a mellor conservada da media montaña ancaresa. Coro foi escollida para ser rehabilitado con fondos Feder, do mesmo xeito que Froxán, Seceda e A Seara no Courel e acompañando a Piornedo nos Ancares. Comezarémola subida e arriba, no teso, aparecen as primeiras cabanas de alzada, as de Vilarmundín. Para comunicarse coas seguintes cabanas, as de Xestoso, quedaba un difícil e pechado camiño duns 300m de lonxitude pero pechado de vexetación dende hai 50 anos. Este anaco de camiño foi recentemente rozado e limpado grazas a axuda do alcalde deste concello. Posteriormente enlazamos, por pista pu por camiños coas cabanas de Redondo, Vispeiro -que é a maior agrupación-, Liñares, Estorneiro e finalmente a belida Coruxedo que chegou a ser un poboamento fixo e que conta con sólidos, rexos e feitucos casarellos que hoxe están no limbo do esquecemento. Logo imos a ver a súa fabrica da luz preto do rego de Estorneiro e ás últimas casas das que algunha aínda conserva o tendal. Un bo e antigo camiño que pasa a carón dunha feituca capela -bonito exemplo de arquitectura rural-, achegaranos a Moia onde remata a ruta. Moia foi unha das aldeas mais importantes da montaña contando con pallozas e varias ducias de casas que aínda hoxe lembran o seu pasado esplendor. En Moia paga a pena visitar a súa igrexa e máis se alguén nos conta a historia dos seus santos durante e despois da guerra civil.
Waypoint

1Alz Vilamundi

Alzada de Vilarmundín
Waypoint

2Alz Xestoso

Edificación
Waypoint

3Alz Redondo

Alzada de Redondo
Waypoint

4Alz Vispeiro

Alzada de Vispeiro
Waypoint

5Alz Liñares

Alzada de Liñares
Waypoint

6Alz Estorneir

Navia de Suarna
Waypoint

7Alz Coruxedo

800 m altura
Waypoint

CORO

Camino
Waypoint

MOIA

1 comment

  • Bild av OFG4 (Galicia a Pé)

    OFG4 (Galicia a Pé) 2019-jul-04

    Hola Argimiro:
    Me puedes indicar si dispones de algún track de la misma ruta haciéndola de forma circular? En caso negativo, te agradezco me informes si es factible realizarla de tal modo (si dispones de esa infor).
    También te agradezco me facilites alguna foto más del lugar, en caso de que dispongas de ello.
    Gracias por tu aportación y saludos cordiales.

You can or this trail