Ladda ned

Avstånd

16,82 km

Den sammanlagda höjden

602 m

Svårighetsnivå

Lätt

Max elevation

888 m

Trailrank

71 5

Min elevation

452 m

Trail type

Loop

Moving time

3 timmar 52 minuter

Tid

6 timmar 8 minuter

Koordinater

2964

Uploaded

4 juli 2021

Recorded

juli 2021
  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
Be the first to clap
2 kommentarer
 
Share
-
-
888 m
452 m
16,82 km

Visad 32 gånger, ladda ned 1 gånger

i närheten av Las Ermitas, Galicia (España)

Estupenda andaina por uns lugares moi fermosos. Feita (modificándoa) a partir desta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/o-bolo-comarca-de-valdeorras-ourense-o-bolo-santuario-das-ermidas-32593440
Comeza nas Ermidas, xunto ao río Bibei, onde hai un bo estacionamento (para chegar a el seguir a indicación "turismos e autocares" na entrada da aldea). Escoller este punto como comezo ten a favor o ser un lugar senlleiro; accesible; con aparcadoiro e, sobre todo, no punto máis baixo da ruta. A zona do ría préstase para un baño, sendo a época.
O percorrido vai no sentido horario para comezar cun bo aperitivo que é todo o entorno de paisaxe, arquitectura (outros intereses para quen os teña), arte e historia deste enclave. Por outra parte, así sóbese o desnivel dun modo progresivo e ándase o importante desnivel final en baixada.
Logo do santuario, capelas, aldea das Ermidas e cemiterio do Cruceiro a ruta segue cara Santa Cruz. Aquí non hai que perder o miradoiro apropiado pola Iglesia (coma tantos e tantos lugares significativos) cunha grande cruz. A subida está indicada e "ornamentada" cunha profusión de elementos kitch (haberá a quen lle guste, claro). As vistas dende este promontorio son espectaculares. Dende aquí xa vemos a torre do castelo do Bolo que é cara onde non dirixiremos a seguir. A baixada cara a aldea vai a valmonte polo que, sobre todo se está mal tempo, é preferible baixar polo mesmo sitio. Non se perde nada especial, só que non será circular... O percorrido ata O Bolo vai por unha boa pista de terra.
Na capitalidade municipal nova dose de arquitectura grande: casonas e castelo conviven con construcións máis comúns dun xeito bastante harmónico. Se se quere visitar o interior do castelo, hai alí mesmo unha oficina de turismo pero pecha ás dúas. Sería ben preguntar no Concello se está aberta en cada data.
A baixada de retorno fíxose por medio de fincas e camiños actualmente pechados de matogueira intransitábel. NON É ACONSELLABLE. Recomendo volver polo camiño de subida ou buscar outra alternativa.
Volvendo atrás ata o regueiro de San Bernabé, dirixímonos cara a aldea de Valbuxán, que tamén ten o seu encanto. Dende antes de chegar a este lugar e ata a estrada N-533 o camiño está pavimentado e tamén o está en parte da baixada final.
O roteiro ten un percorrido bastante aberto polo que non parece indicado para días solleiros ou de temporal. A principal dificultade é o desnivel que ten. Facéndoa neste sentido sóbese de modo bastante progresivo.
En resumo: como queda dito, unha ruta que ofrece vistas lonxincuas, paisaxes espectaculares, historia, arte, arquitectura, cultura e actividade humana de non perder.
Parkering

Aparcadoiro

A zona do río está acondicionada para baño. Hai dous muíños restaurados (un foi central eléctrica).
Utsikt

As Ermidas

Religiösa platser

Santuario das Ermidas.

En 1909 derrubouse a montaña por riba da aldea pero a igrexa salvouse. Morreron 36 persoas.
Fontän

Fonte e VII estación

Utsikt

Panorámica

Religiösa platser

XIV estación

Utsikt

Panorámica cara Sta, Cruz

Bro

Regueiro de San Bernabé

Utsikt

Miradoiro

Flora

Viña

Korsning

Derivación ao Bolo.

Á volta, segue cara Valbuxán, cruzando o regueiro.
Utsikt

Panorámica mirando ao Bolo

Utsikt

O Bolo

Borg

Castelo do Bolo

Na paxina do Concello, información: http://www.obolo.es/index.php/gl/turismo/monumentos/castelo-de-o-bolo
Risk

Camiño pecho de matogueira.

Fontän

Fonte (abandoada)

Risk

A valmonte. Terreo pechado de mato e silveiras.

Flod

Regueiro de San Bernabé

Korsning

Dereita, estrada

A partir de aquí, case todo é por firme.
Religiösa platser

Capela de Sta. Catarina

Utsikt

Panorámica

Ingen asfaltering

Esquerda (ver waipoint seguinte)

Waypoint

Camiño por onde había que baixar, pechado

Para evitar un pequeno pase extra, podíase baixar por aquí, aínda que o camiño está pechado. Alternativa: baixar como se poida pola barreira!

2 kommentarer

  • Bild av Eri y Edu

    Eri y Edu 6 juli 2021

    Está moi ben o teu plantexamente. Nos fixemola en inverno, e como cambian as paisaxes. O único que permanece é a pedra e as construccións humanas.
    Canta historia e lendas oculta estes lugares. Gracias por partillala

  • Bild av Tío_Pepe

    Tío_Pepe 6 juli 2021

    Grazas polo comentario, Eri y Edu. Certamente a paisaxe nesta altura está espectacular. É unha ruta moi completa e fermosa.

You can or this trail