Tid  en timma 9 minuter

Koordinater 202

Uploaded den 30 augusti 2016

Recorded augusti 2016

-
-
444 m
420 m
0
0,5
1,1
2,17 km

Visad 1399 gånger, ladda ned 6 gånger

i närheten av Villaza, Galicia (España)

Vilaza, Vila Atia no seu nome romano, é unha viliña que nace a carón do Búbal e aos pes do castro do Outeiro da Ponte.
O primeiro é atravesar a ponte para ver o Petróglifo do Búbal, un gran penedo dentro do río que ten unha chea de gravados prehistóricos en forma de "coviñas" ou "cazoletas". Esta pedra marca, dalgunha maneira, o vao vello do río. Esto queda constatado pola presenza da ponte, que conserva aínda parte dun arco orixinal, en pedra e moito máis estreito que a actual ponte de cemento.
Dende aquí iremos en paralelo á Alameda, despois de cruzar de novo a ponte, en dirección á Ribeira Alta, o lugar onde, por tradición, naceu a vila. Porque a Vila Atia naceu romana e tivo que ter a súa importancia, pois a cantidade de restos desa época é inmensa. Chegando, atoparemos unha capela esquecida e cuberta de hedras, a capela de San Brais, o que foi o primeiro templo cristiano e parroquia do lugar. Ten moitas curiosidades, como un muro feito completamente de sillares romanos que remata nun miliario con texto que aínda non se sabe que marca...
Seguindo cara o nordés irémonos atopando con capiteis, columnas e sillares romanos con marcas dos forceps, pinza usada nas grúas romanas para mover pedras grandes.
E de golpe, outra igrexa, a capela da Cruz. Se nos fixamos na vista cenital (dende a foto de satélite) veremos que a capela e os dous conxuntos de casas tradicionais pegadas á igrexa conforman a silueta inequívoca dun pequeno mosteiro. Este coñécese documentalmente dende o século X, cando aínda era dúplice (dos dous sexos). Caeu despois no esquecemento ata que despois da batalla das Navas de Tolosa, 1212, os templarios conseguiron o favor dos reis peninsulares. Unha das propiedades que caeron nas súas mans foi este mosteiro, que reconstruíron e consagraron en 1214, como pon a inscrición da traseira da igrexa, a carón do cruceiro.
Asimesmo, no canellón máis pequeno, a uns tres metros de altura, está reutilizada na parede unha estela mortuoria romana, adicada por un tal Xuño (romano) aos deuses Manes en favor de dous defuntos, un de 17 e outro de 35 anos, ambos indíxenas, do que se deduce que eran os primeiros tempos de contacto entre as dúas culturas.
Despois de ver unhas cantas casas tradicionais notables sairemos ao paseo do río Infesta, onde se reúnen varios pazos señoriais coas súas labras heráldicas. A dos Limia, coa sua torre de prestixio e as súas galerías; o pazo de Espada, hoxe hotel rural, coas súas dúas labras e enorme pranta; o máis vello pazo dos Cucos, do século XVI; o pazo modernista, moi pouco habitual nestas aldeas e a Vila Concha, casa vilega moi feitiña.
Para rematar, seguiremos ata a igrexa parroquial de San Salvador, románica, aínda que coa cabeceira e un lateral reformados no século XIX. O que destaca son as columnas, muíños e outras pedras romanas da entrada; a entrada principal, co seu tímpano axadrezado, e o lateral norte cos canzorros e tres arcos con vellas tumbas tapiadas. Pero destacando por riba de todo está a torre románica, esbelta e fermosa, con oito xanelas axadrezadas e cun sillar destacado no lado sur, onde hai un altorrelevo romano cunha escena difícil de interpretar. Dende aí, voltaremos ata a ponte seguindo a rúa paralelo ao regato, onde nos poderemos refrescar a carón do río Búbal e tomar algo no bar da Alameda.
Río Búbal e bosque de ribeira
Petróglifo do Búbal (3000 a.d.c.)
Río Búbal e Alameda
Restos ponte medieval de Vilaza
Adega tradicional
Capela de San Brais (arcaica parroquia de Vilaza)
Miliario de San Brais
Sillar con reticulado romano
Casa tradicional
Rúa da Cruz
Sillar romano con marcas de forceps
Capitel columna romana
Capela vello mosteiro templario de Vilaza
Estela romana de Vilaza
Petróglifo reutilizacizado de A Cruz
Rúa Vella
Casa tradicional
Forno comunal
Adega tradicional con sillería romana e columna empotrada
Casas tradicionais
Casa tradicional (medieval?)
Casa tradicional con escaleira de semicaracol
Palleiro tradicional
Ara romana adicada a Xúpiter
O alieníxena no xardín
Casa tradicional excepcional
Casa vilega s.XIX
Pazo de Limia
Fonte franquista
Casa vilega "Vila Concha"
Pazo de Espada s.XVIII
Pazo dos Cucos (Castro) s.XVI
Idem
Casa vilega 1900, modernista
Pazo rectoral
Columna romana
Baptisterio (pía bautismal) románica
Igrexa parroquial románica de San Salvador
Torre románica (s.XIII)
Cruceiro e pía bautismal
Sepulcro señorial
Baixorrelevo romano
Castro do Outeiro da Ponte

Kommentarer

    You can or this trail