-
-
242 m
13 m
0
17
34
68,04 km

Visad 13 gånger, ladda ned 0 gånger

i närheten av Porzomillos, Galicia (España)

Ruta circular desde Porzomillos rodeando o encoro de Cecebre. Inclúe case todos os camiños do entorno do pantano, sen cruces nin atallos. Pode facerse sen dificultade en sentido inverso.

O regreso ten moito asfalto desde Vilasuso (km.58) ata Xanrozo (km.64,6), pero a parte do pantano é interesante e pódese acortar facilmente en moitos puntos. Por exemplo aí, no km. 58, facendo un xiro á dereita por asfalto ata o km. 18.

O treito desde Crendes ata a Cidade Deportiva de Abegondo está complicado por algún tronco caído, unha lameira e algunha poza, pero pode pasarse ben. Se non, hai unha alternativa fácil por asfalto (km. 31), subindo pola AC221 ata o seguinte cruce á dereita onde está indicada a dirección cara á Cidade Deportiva.

Na parte das Táboas a Bribes hai un sendeiro pegado ó río, normalmente accesible, no kilómetro 37,4 , pero co encoro estaba moi cheo e os sendeiros non moi limpos, o acceso obrigaba a "furar". Esto ocorre nalgún otro punto (km 28,4 e km. 28.7) nos que en circunstancias normales pode seguirse recto pola beira do pantano.

Que a disfrutedes.

Kommentarer

    You can or this trail